IMAGEN DE APOYO ACTIVIDADES CULTURALES/ Cine 2008

DOCUMENTAL MALAWI

Estrea do documental PROXECTO MALAWI, de LILÓ PRODUCCIÓNS
Mércores 3 de decembro de 2008, 20:00 horas
Sala Picasso do MACUF

AFORO LIMITADO, ENTRADA POR INVITACIÓN DA PRODUTORA (poden consultar a disponibilidade de prazas escribindo a liloproduccions@liloproduccions.com)

PROXECTO MALAWI é o primeiro documental da produtora coruñesa Liló Produccións. Foi gravado no país africano ao longo deste verán e fai un percorrido polo país e os seus problemas a través da mirada de dous cooperantes.

A malaria, a SIDA, a malnutrición ou o problema dos negros albinos, moi numerosos nunha zona concreta de Malawi, ninguén sabe por que, son algúns dos argumentos deste documental. Pero tamén a fauna das nove reservas naturais, as súas posibilidades turísticas, a amabilidade da súas xentes ou as tradicións ancestrais deste país, coñecido como "o corazón quente de África".

Dous mozos coruñeses guíannos nesta viaxe e cóntannos como viven eles esa experiencia: que cousas botan de menos, a que medos se enfrontan e como superan os atrancos que atopan. En definitiva, como viven a experiencia da cooperación.

GUIÓN E DIRECCIÓN:

Isabel Caamaño (Noia, 1975). Máster en Comunicación Empresarial e xornalista. Na actualidade desenvolve a súa profesión como coordenadora de Voz Difusión Noticias para os informativos de TVG na delegación de A Coruña. Ten unha ampla experiencia profesional nos medios audiovisuais e tamén na prensa escrita, radiofónica e de axencias.

CO-DIRECCIÓN:

David Fernández (Barcelona, 1977). Máster en Comunicación Empresarial e Tecnoloxías Dixitais e xornalista. Desenvolve a súa profesión como redactor de Voz Difusión Noticias para os informativos de TVG. Con experiencia en prensa escrita, radiofónica e en gabinetes de comunicación.

DIRECCIÓN DE FOTOGRAFÍA:

Marcos Cenamor (Sada, 1972). Reporteiro gráfico, fotógrafo e máster técnico de son, operador de cámara e edición. Reporteiro gráfico de Voz Difusión Noticias para os informativos de TVG, e free-lance para outros medios nacionais e internacionais. Fotografía de portada de El País na súa edición do 30 de decembro de 2007.

 





2012 - 2011 - 2010 - 2009 - 2008 - 2007

documental PROXECTO MALAWI, de LILÓ PRODUCCIÓNS